CC0

Está a empregar unha ferramenta para liberar o seu propio traballo das restricións de dereitos autorais en todo o mundo. Pode empregar esta ferramenta mesmo se o seu traballo está ceibe de dereitos autorais en algunhas xurisdicións, se desexa asegurarse de que sexa libre en todas partes. Este pode ser o caso se vostede é un museo ou unha biblioteca que reproduce unha obra de dominio público e desexa transmitir claramente ó público que non reclama dereitos autorais na súa copia dixital. Creative Commons non recomenda esta ferramenta para obras que xa están no dominio público en todo o mundo. No seu lugar, empregue aEtiqueta de Dominio Público para devanditas obras.

Empregando CC0, pode renunciar a todos os dereitos autorais e dereitos afíns ou relacionados que poida ter en todas as xurisdicións do mundo, coma os seus dereitos morais (na medida do posíbel), a súa publicidade ou dereitos de privacidade, dereitos que ten protexidos contra a competencia desleal, e os dereitos de base de datos e dereitos que protexen a extracción, difusión e reutilización dos datos.

Teña en conta que non pode renunciar ós dereitos dunha obra que non posúe a menos que teña permiso do propietario. Para evitar infrinxir os dereitos dun terceiro, ten que consultar co seu asesor legal se non está seguro de ter todos os dereitos necesarios para distribuir a obra.

Note que isto non é un proceso de rexistro e Creative Commons non almacena nin garda ningunha información que insira. Esta ferramenta guíalle a través do proceso de xeración do HTML con metadatos integrados para marcar o seu traballo coma dispoñíbel baixo CC0. O seu traballo non estará asociado a CC0 ou feito dispoñíbel baixo CC0 até que o publique etiquetado coma que o está.

Aprende máis   inicio »