Creative Commons License Deed

cc pd CC0 1.0 Universal (CC0 1.0)
Adscrición de dominio público

Aviso legal

A escritura (Commons Deed) non é un instrumento legal, senón simplemente unha referencia para entender o código legal de CC0, unha descrición humanamente comprensíbel dalgúns dos seus termos clave. Pensa nel como unha interface amigábel para acceder ao código legal interno de CC0. O resumo por si só non ten valor legal e os seus contidos non aparecen na CC0.

Creative Commons non é un bufete de avogados e non ofrece servizos de tipo legal. A distribución, exhibición ou a ligazón desta escritura non crea relación ningunha avogado-cliente.

Creative Commons non comprobou a protección por dereitos de autor de ningunha das obras ás que se lles aplicou CC0. Creative Commons non ofrece garantía sobre ningunha obra nin sobre a súa protección dos dereitos de autor en ningunha xurisdición e deslígase de toda responsabilidade por todos os usos de calquera obra.

Isto é un resumo facilmente lexíbel do texto legal (lea o texto completo) da licenza. Aviso legal

Sen dereitos de autor

  • A persoa que asociou unha obra con esta escritura entregou a obra ao dominio público, mediante a renuncia de todos os seus dereitos patrimoniais de autoría sobre a obra en todo o mundo, o cal inclúe todos os dereitos asociados e afíns, na medida que permite a lei vixente aplicábel.

    Pode copiar, modificar, distribuír e executar a obra, incluso con propósito comercial, sen pedir permiso. Vexa

    Outra información a seguir.


Outra información

  • En ningunha parte está a patente ou os dereitos de marca de calquera persoa afectados pola CC0, nin tampouco os dereitos que outras persoas poidan ter sobre a obra ou sobre como a obra se utiliza, tales como os dereitos de publicidade ou privacidade.
  • A non ser que se estabeleza expresamente doutra maneira, a persoa que está asociada á obra con este acto non fornece garantías sobre a obra, e os avisos legais para todos os usuarios da obra, no sentido máis amplo permitido pola lexislación aplicábel.
  • Ao utilizar ou citar a obra, non debería implicar o endorsamento nin do autor nin do declarante.
Outros dereitos

A utilización dunha obra libre de restricións coñecidas de dereitos de autor pode ser regulada ou limitada doutra maneira. A obra ou o seu uso pode estar suxeita ás leis de protección dos datos persoais, publicidade, imaxe ou dereitos de privacidade que lle permiten a unha persoa controlar como a súa voz, imaxe ou semellanza dese tipo que se utiliza ou outras restricións ou limitacións segundo a lei aplicábel.

Aprende máis.

Apoio

Nalgunhas xurisdicións, a implicación errada de que un autor, editor ou calquera outro te apoia na utilización dunha obra pode non ser legal.

Aprende máis.

Cita

Copie e pegue o HTML facilitado na súa páxina web para citar facilmente esta obra.

Aprende máis

Quen é o declarante?

O declarante é a persoa que renuncia aos seus dereitos á obra universalmente utilizando CC0, tan amplamente como o permita a lei. Pode ser o autor orixinal do traballo ou outra persoa que pode ter algún dereito de propiedade ou próximo aos dereitos legais da obra.